sábado, 17 de noviembre de 2012

De magosto cos TREBÓN.

Os contos da familia Trebón son unha serie de relatos de ficción con vocación de entretemento pero tamén didáctica. As ecoaventuras protagonizadas por Lilia, Vito, Carola, Anselmo e Lucas, xunto con Antenas e Evaristo, foron creadas para divertir aos máis pequenos, pero tamén para subliñar a importancia de que a cidadanía se implique activamente na xestión do lixo e na responsabilidade medioambiental. Clica na imaxe.